domingo, 21 de marzo de 2010

DÍA DO PAI


O 19 DE MARZO FOI O DÍA DO PAI E COMO NON, ALGO LLES TIÑAMOS QUE REGALAR PARA FELICITARLLES ESTE DÍA TAN ESPECIAL!
ESTE ANO FIXÉMOSLLES UNHAS FUNDAS PARA OS MÓVILES. ASÍ PODERANOS LEVAR BEN GARDADOS PARA QUE NON SE LLES MOLLEN COA CHOIVA NIN LLES PASE NADA SE LLES CAE!

AGARDAMOS QUE LLES GUSTEN!

sábado, 20 de marzo de 2010

Visitamos a Aula activa do mar.

O xoves 18 achegámonos a Rianxo para ver unha obra de teatro. Ao saír, fomos andando ata a Aula activa do mar, non sen antes facer as paradas oportunas para tomar a merenda da mañá e xogar un pouco, aínda que de vez en cando caian unhas pingueiras. Ao chegar estábannos esperando dous monitores que nos ensinaron algunhas cousiñas sobre o mar. Os tipos de costa que hai, os seres vivos que habitan nelas, algúns aparellos de pesca e por suposto, que facer para coidar o noso contorno. Tamén fomos por uns momentos capitáns e subidos a bordo, tomamos o timón do barco.


jueves, 18 de marzo de 2010

DÍA DA MULLER-8 DE MARZO.

HOLA A TODOS!

AQUÍ ESTAMOS DE NOVO OS NENOS DA CLASE DE 3 ANOS PARA CONTARVOS O QUE FIXEMOS EN MARZO. O DÍA 8 FOI O DÍA DA MULLER E PARA CELEBRALO FIXEMOS UN MURAL MOI GRANDE ONDE PUXEMOS SOMOS TODOS IGUAIS!! E FIXEMOS COA AXUDA DO CORPO DE TELMO E DE ZAIRE UN NENO E UNHA NENA QUE DECORAMOS CON CACHIÑOS DE PAPEIS DE CORES TELA DE DISFRAZ, CERAS, MILLO, FÍOS E MOITAS COUSAS MÁIS!!





TAMÉN ESTIVO CON NÓS A NAI DE LÍA QUE NOS VEU A CONTAR O QUE FAI NO SEU TRABALLO. É PERRUQUEIRA E COMO NOS DIXO ELA CORTALLE O PELO Á XENTE, PON O PELO DE CORES, E MAQUILLA A MOITAS PERSOAS!!. PASÁMOLO MOI BEN CON ELA. MOITAS GRACIAS MARINA!!:D