sábado, 20 de marzo de 2010

Visitamos a Aula activa do mar.

O xoves 18 achegámonos a Rianxo para ver unha obra de teatro. Ao saír, fomos andando ata a Aula activa do mar, non sen antes facer as paradas oportunas para tomar a merenda da mañá e xogar un pouco, aínda que de vez en cando caian unhas pingueiras. Ao chegar estábannos esperando dous monitores que nos ensinaron algunhas cousiñas sobre o mar. Os tipos de costa que hai, os seres vivos que habitan nelas, algúns aparellos de pesca e por suposto, que facer para coidar o noso contorno. Tamén fomos por uns momentos capitáns e subidos a bordo, tomamos o timón do barco.


No hay comentarios:

Publicar un comentario